Culleredo inicia mañá luns, 5 de decembro, a súa campaña de Nadal co tradicional acendido das luces. Será o punto de inicio para un programa variado de actividades culturais, deportivas, sociais e de animación comercial que se desenvolverá no municipio.
O Concello de Culleredo viviu o venres o pleno infantil, na súa edición XVII, a sesión máis multitudinaria con 221 escolares do CEIP Ría do Burgo, Sofía Casanova, Tarrío e o colexio Ponte Pasaxe. Cada clase de sexto de primaria tivo os seus concelleiros no estrado que presentaron propostas para o debate e votación por parte do conxunto do pleno infantil.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, desprazouse a Santiago para manter unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, con obxecto de abordar importantes actuacións de futuro no municipio: modernizar a rede de auga e crear unha senda fluvial polo´s ríos Mero, Valiñas e A Regueira.
O Concello de Culleredo manifesta o seu fondo pesar e consternación polo falecemento de Celestino Poza Domínguez na madrugada de hoxe. Foi concelleiro da corporación desde 1983 ata 2011, un total de 28 anos nos que exerceu sempre cargos dentro do grupo de goberno.
Todas as prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida do municipio de Culleredo contan con esta semana cunha placa adicional á sinalización de tráfico. Reza "Ponte na miña pel, non na miña praza", buscando sensibilizar de uso exclusivo para estes usuarios.
A praza Daniel Rodríguez Castelao experimenta un importante lavado de cara. O Concello de Culleredo ten en marcha as obras de renovación, que abordan os principais elementos do espazo urbano.
O Concello de Culleredo celebrou diferentes actos co motivo do Día Contra a Violencia de Xénero, co fin de poder causar o maior impacto social para contribuír á eliminación de condutas machistas existentes en todos os sectores da comunidade.
A V Andaina pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero, unha iniciativa dos nove concellos do Consorcio As Mariñas entre os que se atopa Culleredo, terá lugar o sábado 26 de novembro, na contorna da ría do Burgo. O Concello anima a cidadanía a sumarse á marcha.
O Concello de Culleredo acaba de adxudicar un importante paquete de obras en de materia de servizos básicos e infraestruturas. En total o investimento nestas 14 actuacións superará os 620.000 euros, moitas delas coa cofinanciación da Deputación da Coruña.
O Concello de Culleredo recibe un ano máis o Concurso-Exposición de Ornitoloxía organizado pola Sociedade Coruñesa de Canaricultura. Terá lugar entre o 18 e o 27 de novembro na aula da Natureza "Juan Lembeye" do Xardín Botánico do Burgo.
Aínda que a construción do novo centro de saúde do Portádego é competencia da Xunta de Galicia, o Concello de Culleredo programou un importante investimento para a construción dun aparcadoiro, que dea servizo tanto á instalación sanitaria como aos veciños da zona, que verán incrementada a carga de tráfico.
O Concello de Culleredo comezará en breve cunha nova obra de mellora da súa rede viaria. Nesta ocasión, tratarase da renovación do firme en dúas vías de Vilaboa e unha de Orro que se foi deteriorando conforme o paso do tempo.
Os mozos de Culleredo disporán desde esta semana dun novo plan de actividades específicas, lanzadas polo Concello. Serán os venres pola tarde nas instalacións do novo centro cívico de Fonteculler e consistirán en clases de Modern Dance, bailes latinos e zumba.
O Concello de Culleredo celebrou na noite de onte a primeira reunión do Consello Xeral de Participación Cidadá. É o máximo órgano de participación veciñal no sistema creado este mandato.
A Policía Local de Culleredo abriu as súas portas aos escolares do municipio. Alumnos de 6º de Educación Primaria dos colexios do municipio visitan a sede da Policía Local, en Fonteculler, para descubrir como traballan os axentes.
O Concello de Culleredo publica a programación infantil para o mes de novembro. Ofrécese unha ampla variedade de actividades de animación á lectura, obradoiros e contos. O novo centro cívico de Fonteculler xa acolle unha actividade de cociña.
Culleredo acolle este sábado, 29 de outubro, o I Trofeo de Patinaexe Artística do clube Aura. Reunirá a 125 patinadores, desde os 4 anos de idade, procedentes de diferentes puntos de Galicia, no polideportivo do CEIP Ría do Burgo.
O Concello de Culleredo dedica a celebración do Samaín aos seus mozos. A Festa do Samaín será este venres, 28 de outubro, en horario de 18.00 a 23.00 horas no novo Centro Cívico de Fonteculler, dirixida a mozos a partir dos 12 anos de idade.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER