Actualidad

O Consello de Participación Cidadá aprobou 14 accións para o plan europeo do Concello

O Concello de Culleredo implicou ás asociacións do municipio no desenvolvemento da súa estratexia de desenvolvemento urbano sustentable e integrado (DUSI), para que logrou o financiamento da Unión Europea. A través dos Consellos Sectoriais fóronse analizando as propostas e nun encontro celebrado no salón de plenos, o Consello Xeral de Participación Cidadá aprobou un total de 14 accións de diferente ámbito.

O Concello oferta un curso de formación en piragüismo na lagoa de Fonteculler

O Concello de Culleredo potencia a ría do Burgo como espazo para a práctica deportiva. Tras a estrea o ano pasado con kaiaks, nesta ocasión aproveitará a lagoa de Fonteculler para impartir unha formación en piragüismo. A inscrición xa está aberta.

Gran expectación no IV Rally de Vehículos Históricos

A beleza dos coches e motos clásicas que a pasada fin de semana participaron no IV Rally de Culleredo de Vehículos Históricos levantaron moita expectación no municipio. Tanto polas zonas por onde circularon como na exposición xeraron o interese de veciños e visitantes.

O Concello de Culleredo formará aos mozos en conducción ante situacións adversas

O curso de condución segura, de carácter gratuíto, levarase a cabo o sábado 27 e o domingo 28 de maio, unha edición cada día cun máximo de 15 prazas. As sesións impartiranse no espazo multiusos do paseo marítimo do Burgo, en horario de 9:00 a 14.00 e de 16.00 a 18:00.

Programación especial na Biblioteca en lembranza de Carlos Casares

O Concello de Culleredo organiza este mes de maio unha programación especial nas súas Bibliotecas para lembrar a figura de Carlos Casares, autor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas. Serán unha decena de actividades dirixidas a un público infantil para traballar de forma didáctica e amena ao escritor.

En marcha o traballo coas asociacións para o plan Culleredo Vivo, financiado pola Unión Europea

O Concello de Culleredo traballa desde hoxe coas asociacións do municipio no desenvolvemento da súa estratexia de desenvolvemento urbano sustentable e integrado (DUSI), para que logrou o financiamento da Unión Europea. De feito, Culleredo é o único concello da área metropolitana e un dos 12 de Galicia que conseguiu a subvención europea.

O Concello ensina a riqueza patrimonial e natural de Culleredo a 1.000 escolares

Baixo a premisa de que é importante que os escolares coñezan as orixes e os recursos do municipio no que viven, o Concello organiza rutas didácticas para descubrir a historia e a natureza de Culleredo. Son uns 1.000 escolares dos colexios de Tarrío, Sofía Casanova (Vilaboa), Isaac Díaz Pardo (O Burgo) Ría do Burgo e Ponte Pasaxe (Fonteculler) os que participan. 

Un plan municipal de 260.000 ampliará a rede de saneamento en diversos núcleos

O Concello de Culleredo emprenderá un novo plan para ampliar o servizo de saneamento de augas residuais en diversos núcleos. Será un investimento de 260.000 euros, procedentes das arcas municipais, para responder a peticións trasladadas polos veciños.

O Concello organiza a VI Carreira pola Ría do Burgo o 14 de maio

O paseo marítimo do Burgo será escenario o próximo 14 de maio da VI Carreira pola Ría do Burgo, cita que cada ano acolle a un maior número de runners de toda Galicia. A proba, organizada polo Concello de Culleredo, está incluída no circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña e conta coa colaboración da Federación Galega de Atletismo.

Contratada a mellora das rúas San Manuel e Celso Emilio Ferreiro

O Concello de Culleredo cambiará a imaxe de dúas rúas do centro urbano do Burgo para mellorar as súas prestacións aos veciños e situalas acorde coas xa renovadas na contorna. O Concello acaba de formalizar o contrato para a obra de humanización das rúas Celso Emilio Ferreiro e San Manuel, en pleno núcleo, xunto á praza de Galicia e a rotonda de Costa da Lonxa.

Concienciación contra a complicidade con comportamentos de acoso escolar

En coincidencia co Día Internacional contra o Acoso Escolar, o Concello de Culleredo completou a súa campaña educativa emprendida para previr o bullying entre os escolares. Desenvolveuse nas aulas de 5º de primaria de todos os colexios públicos do municipio, baixo a denominación de "Eu non son cómplice".

O goberno municipal buscará a unión do pleno para esixir ao Estado o uso do superávit en investimentos

A boa situación económica que presenta o Concello de Culleredo, do mesmo xeito que outros moitos concellos, choca coa prohibición determinada polo Goberno do Estado de empregar eses fondos en investimentos para os veciños. Por iso, o goberno municipal que preside Julio Sacristán presentará mañá xoves 27 de abril no pleno ordinario unha iniciativa para esixir ao Goberno Central que autorice o uso do superávit.

En marcha o Campionato de Tute do Concello de Culleredo

O XIX Campionato de Tute do Concello de Culleredo comezou coa primeira tanda da primeira xornada. O venres 28 de abril ás 21.00 horas en Celas proseguirase coa segunda quenda.

Culleredo, presente en Primavera no Camiño

O Concello de Culleredo participou o sábado 22 de abril en Betanzos no acto principal do programa "Primavera no Camiño", impulsado pola Deputación da Coruña para promocionar o Camiño Inglés. O Concello contou cun espazo no varias empresas locais amosaron os seus produtos. 

O Concello de Culleredo pide á Xunta maior apoio aos veciños na apertura do centro de saúde do Portádego

O Concello de Culleredo recibiu na mañá de hoxe a comunicación oficial da Xunta de Galicia anunciando a apertura do novo Centro de Saúde do Portádego para o vindeiro luns, 24 de abril. A noticia era moi esperada en Culleredo e responde a unha reivindicación de case unha década por parte do Concello e dos veciños ante a saturación do actual centro de Acea de Ama.

Culleredo desenvolve o seu campamento de primavera máis numeroso

Os campamentos municipais de primavera viven este ano a súa edición máis numerosas. Este é o quinto ano consecutivo que funciona a iniciativa, ideada polo Concello de Culleredo para favorecer a conciliación, e acolle nesta ocasión a 95 nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.

Os alumnos do Blanco Amor completaron o seu Desafío Saudable

O Concello de Culleredo desenvolveu as pasadas dúas semanas unha iniciativa dirixida ao alumnado de 2º da ESO coa  materia optativa de "Hábitos saudables" no instituto de educación secundaria Eduardo Blanco Amor. Foi denominada o "Desafío saudable" e buscou inculcar os valores necesarios para que leven a cabo estilos de vida saudable.

Unha nova senda peonil e ciclista unirá o Mero co Camiño Inglés

O Concello logra que a Xunta atenda as súas peticións de mellora da AC-213 do Burgo á Telva, da AC-400 entre Sigrás e Celas, e da AC-523 en Ledoño. Ademais crearase unha senda peonil e ciclista entre o paseo do Mero e a zona verde do polígono de Alvedro.

Aprobadas as bases do I Memorial Tino Poza de Artes Plásticas

A figura de Celestino Poza perdurará desde este mesmo ano a través do Memorial que creará o Concello de Culleredo. O pleno aprobou as bases propostas polo goberno local que rexerán esta primeira edición.

Novos accesos desde Orro a Los Olivos

O Concello de Culleredo acomete unha nova obra de mellora da súa rede viaria. Nesta ocasión, trátase da renovación do firme no acceso á Zapateira, en concreto con Los Olivos desde Orro.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina