Actualidad

Culleredo aposta por previr o fracaso escolar e a integración dos escolares do municipio

A Concellería de Educación de Culleredo, á fronte da cal se atopa a edila Carmen Varela, quen leva anos proporcionando apoio e reforzo educativo a alumnado con problemas ou dificultades nos estudos. Trátase de fomentar o éxito escolar mellorando o rendemento e deste xeito contribuír a previr o fracaso escolar e lograr unha mellor integración.

 

Trofeos municipais de fútbol Concello de Culleredo

Entre o domingo 5 de agosto e o próximo 26 de agosto disputaranse os diferentes torneos municipais de fútbol: o XLI Trofeo de Fútbol Afeccionado, o XXI Trofeo de Fútbol Veterano e o VI Trofeo de Fútbol Base Infantil.

O servizo de aluguer de bicicletas, en marcha ata o 15 de outubro

O Concello de Culleredo ten en marcha desde a semana pasada o seu servizo de aluguer de bicicletas. Ata o próximo 15 de outubro, os veciños e visitantes poderán tomar prestada unha das bicicletas para percorrer o municipio aproveitando os grandes espazos existentes.

Culleredo saca a licitación 13 proxectos de obras cun investimento de 946.000 euros

O Concello de Culleredo tramita a contratación dun primeiro gran paquete de investimentos por un montante total de 946.467,04 euros. Será un plan con 13 proxectos que redundará en importantes melloras para o municipio en ámbitos como os equipamentos e espazo públicos, a rede viaria ou a iluminación.

Case 400 veciños enchen o salón de plenos na reunión sobre o Aeroporto convocada polo Concello

O Concello de Culleredo e os veciños fan fronte común na defensa dos seus intereses ante a revisión do Plan Director do Aeroporto que impulsa o Estado. O alcalde, José Ramón Rioboo, logrou en Madrid a ampliación do plazo de presentación de alegacións.

O alcalde de Culleredo clama por “medidas urxentes” que eliminen as trabas legais para usar o superávit para investimentos

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, dirixirase ao Goberno do Estado para reclamar cambios na política de administracións  púbicas que eliminen as trabas que padecen agora os concellos e que lles abocan a unha retardación total do seu funcionamento.

 

O Concello de Culleredo promove o exercicio físico durante todo o ano a través do seu 'Verán movidiño'

Outro ano máis o Concello de Culleredo organiza o seu 'Verán  Movidiño', que comeza o luns 23 de xullo e termina o 30 de setembro e pretende promover o exercicio físico durante os  meses de verán, tanto de maneira individual como  grupal.
 

O campionato de España de Halterofilia chega a Culleredo

O Concello de Culleredo acollerá este sábado 21 de xullo a celebración dos Campionatos de España absolutos de halterofilia, tanto en categoría masculina como feminina. Uns 170 deportistas de primeiro nivel participarán na cita.
 
 

Obradoiros de arte para nenos a cargo de Luisa Valdés

Durante o mes de agosto o Concello de Culleredo organizará os obradoiros de arte 'Verán creativo' para nenos, que estarán impartidos pola artista Luisa Valdés.

O Concello encarga un estudo a enxeñeiros aeronáuticos sobre o Plan Director do Aeroporto

O Concello de Culleredo traballa nun estudo detallado da proposta de revisión do Plan Director do Aeroporto de Alvedro. O obxectivo é contar cun informe técnico rigoroso e pormenorizado que permita ao Concello formular as alegacións pertinentes para defender os intereses dos veciños.

O comercio de Culleredo celebra o venres a súa Noite Branca con descontos e multitude de actividades

Culleredo celebra este venres, 13 de xullo, a súa Noite Branca, iniciativa do Concello de Culleredo e da Asociación de Comerciantes de Culleredo para incentivar a chegada de clientes ao comercio local. Un amplo programa de actividades e animación dinamizará as compras nos negocios, que ofrecerán os seus descontos ao público.
 
 

Dispositivo especial de seguridade e tráfico polas festas de Vilaboa, que comezan mañá

Desde o venres, 6 de xullo, ata o martes, 10 de xullo, celebraranse as festas de Vilaboa. O Concello de Culleredo preparou un dispositivo especial de seguridade formado pola Policía Local, Guardia Civil e Protección Civil.
 
 

 

Chega a Culleredo a obra 'O último dragón', de Sarabela Teatro

Este venres, 6 de xullo, o Edificio de Servizos Múltiples do Burgo acollerá a partir das 19:30 horas a obra teatral 'O último dragón', de Sarabela Teatro.
 

Catro días de música en Culleredo polo XVIII BurgoJazz

Do 29 de xuño ao 2 de xuño celebrarse a XVIII edición do BurgoJazz, que un ano máis terá lugar no Xardín Botánico do Burgo.

Volve o Mercado Templario a Culleredo

Do 29 de xuño ao 1 de xullo volve ao Paseo Marítimo do Burgo o Mercado Templario do Burgo de Faro.
 

Chega a segunda edición dos obradoiros (re)programArte

Chega a segunda edición de (re)progamArte, un proxecto do Concello de Culleredo dirixido aos mozos e mozas do municipio e destinado a promocionar as súas habilidades artísticas.
 

Bando para o San Xoán 2018

Con motivo da celebración das festas de San Xoán 2018, resulta necesario regular algúns aspectos da nosa convivencia cidadá como as lumaradas, os servizos de seguridade e emerxencias, as sardiñadas e barbacoas, as infraccións ou as normas complementarias.  

Culleredo acolle a primeira carreira nocturna solidaria organizada polo Colexio de Farmacéuticos da Coruña

O Paseo Marítimo do Burgo, no  Concello de Culleredo, acollerá a ‘I Carreira Nocturna  COFC’ organizada polo Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia da Coruña para o sábado, 7 de xullo, ás 22:30 horas. 
 
 

O programa de Dinamización Comunitaria organiza unha viaxe a Cedeira e Ortigueira

O Concello de Culleredo, dentro do seu programa de Dinamización Comunitaria dirixido a maiores de 65 anos, programou unha viaxe a Cedeira e Ortigueira para o 30 de xuño.
 
 
 

Un concerto dosDixie Kings dará o pistoletazo de saída ao Burgo Jazz

O xoves 21 de xuño, ás 20:30 horas, os Dixie Kings darán un concerto en Culleredo, no auditorio de Servizos Múltiples do Burgo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina