O Concello de Culleredo informa que hoxe, mércores 24 de marzo, comezou un novo cribado entre a cidadanía do municipio para detectar casos positivos por coronavirus.
O Concello de Culleredo finalizou hoxe as notificacións provisionais da axuda do programa PEL REACTIVA da Deputación da Coruña.
O Concello de Culleredo fixo entrega hoxe dos premios aos gañadores do seu Entroido Choqueiro, o concurso telemático de disfraces organizado este ano ante o contexto sanitario. O acto tivo lugar no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
Unha vez efectuado o sorteo público do 23 de febreiro para seleccionar ao alumnado participante, o Concello de Culleredo, a través do servizo de Dinamización, Formación e Emprego dá comezo o proxecto de formación para sustentabilidade ambiental, que promove a formación, plantación e produción de horticultura ecolóxica, constituíndose como unha actividade lúdico-educativa enfocada a veciñas e veciños do municipio co fin de fomentar a participación cidadá na recuperación dunha agricultura respectuosa co medio ambiente.
Os Concellos da Coruña e Culleredo decidiron unir forzas para impulsar en conxunto obradoiros de emprego, iniciativas co obxectivo de apoiar a inserción laboral dos veciños e veciñas, á vez que levar a cabo actuacións de interese para o municipio.
O servizo de Xuventude, a través do CIPAX -Centro de informacion e Participación Xuvenil do Concello de Culleredo- lanza o curso de monitor/a de actividades de lecer e Tempo libre, que constará de 350 horas (200 teóricas e 150 practicas). Comezará o 10 de abril do 2021cun horario de 9:00 a14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas. Os sábados e domingos, será de 9:00 a14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
O Concello de Culleredo pide colaboración para cubrir esta enquisa de cara a elaborar o seu Plan de Mobilidade Urbana Sostible. A meta é coñecer os hábitos de mobilidade da cidadanía.
Atentos e atentas ás redes do Concello de Culleredo porque este mércores 24 de febreiro teremos 'A estrela de Rosalía', con Marisa Irimia, para os nenos e nenas de 4 a 11 anos!
A Consellería de Sanidade vén de comunicarlle ao Concello os datos definitivos do cribado poboacional conxunto de Cambre e Culleredo. Para a nosa localidade, o 66,64% dos veciños acudiron á realización das probas, nas que se detectaron un total de 21 persoas positivas, unha taxa do 0,22%.
A Policía Local do Concello de Culleredo continúa intensificando os controis perimetrais e de mobilidade, para velar polo correcto cumprimento das normas sanitarias.
Esta actividade forma parte dun ciclo coordinado pola propia Sarmiento, organizado pola firma cultural A Forxa e apoiado pola Deputación Provincial da Coruña, e que botaba a andar o ano pasado.
O Sergas reallizará un cribado masivo entre a veciñanza de Culleredo desde o 4 ata o 14 de febreiro nas instalacións do parque deportivo de Acea de Ama
O Concello de Culleredo porá en marcha un plan de circulación provisional na avenida Ribados con motivo do inicio das obras de mellora da vía e a súa contorna.
O alcalde do Concello de Culleredo, José Ramón Rioboo, propuxo ás autoridades sanitarias estudar a realización dun cribado no municipio ante o constante crecemento da curva epidemiolóxica.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER