O Concello de Culleredo e a Deputación rubrican o acordo de colaboración para o financiamento do centro ocupacional A Escada

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Benestar Social, Ana Lamas, asinaron esta mañá no pazo provincial o convenio de colaboración para o financiamento do centro ocupacional A Escada, o único destas características da área metropolitana e ao que acode alumnado de todos os puntos da contorna.

O Concello de Culleredo insístelle aos propietarios das fincas privadas na urxencia da realización da limpeza

O Concello de Culleredo insiste na necesidade de que os propietarios das leiras privadas teñen o deber de realizar as limpezas correspondentes aínda a pesar de que non recibisen notificación da Administración local.

 

O Concello adxudica importantes intervencións nas zonas rurais e urbana cun valor de 285.000 euros

O Concello de Culleredo adxudicou importantes intervencións en materia de seguridade viaria e renovación de infraestruturas tanto nas zonas rurais como na urbana cun valor de 284.337,30 euros.

Serán cofinanciadas coa Unión Europea a través dos fondos FEDER. Trátase da renovación do parque infantil da praza Europa, a reforma e ampliación do centro cívico e social de Sueiro e a mellora da seguridade viaria nas zonas escolares de Culleredo.

Comeza o cribado poboacional mediante probas de antíxenos en Culleredo

O Centro de Saúde do Portádego acolleu esta tarde as primeiras probas de antíxenos destinadas á poboación de Culleredo entre os 18 e os 35 anos, e que continuarán mañá, sábado 10 de xullo. 

Finalizadas as obras de humanización da avenida Ribados, en pleno corazón residencial do Burgo, tras un investimento de 252.000 euros do Plan Único

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Culleredo e deputado provincial, José Ramón Rioboo, visitaron esta mañá a recentemente renovada avenida de Ribados, situada no corazón do Burgo. A modernización da vía, efectuada polo Concello co financiamento provincial, supón unha mellora integral en canto a funcionalidade e estética.

A Policía Local intervén en tres conatos de botellón na madrugada do sábado

A Policía Local de Culleredo, tras a activación dun novo dispositivo de seguridade para reforzar a vixilancia tanto na contorna rural como no urbano para evitar reunións entre grupos de mozos que incumpran as restricións marcadas por Sanidade, interviu na madrugada do sábado ata en tres conatos de botellón.
 

Aberto o prazo para reservar as entradas para 'Entreculturas no xardín'

Xa se poden reservar as entradas para 'Entreculturas no xardín', que se celebrará do 7 ao 9 de xullo, con tres novas sesións de cine.

Culleredo dará a benvida mañá a un Mercado Templario que será visitable ata o vindeiro domingo

O Mercado Templario de Burgo de Faro arrincará mañá, un evento que será  visitable ata o vindeiro domingo e no que se darán cita ata 90 postos. O  Concello de Culleredo retoma a cita, xa consolidada como elemento dinamizador do municipio, tras a suspensión do ano pasado polos efectos da pandemia.

 

 

Pleno extraordinario da corporación municipal con data 28 de xuño de 2021

O Concello de Culleredo celebrará mañá, martes 28 de xuño de 2021, unha sesión do pleno extraordinaria ás 13:30 horas, coa seguinte orde do día: 

O Concello clausura a primeira actividade grupal logo das restricións dirixida a mulleres desempregadas: 'Dixitalizadas'

O obxectivo principal da iniciativa é reducir a fenda dixital de xénero

Programación do Mercado templario

Do 1 ao 4 de xullo no Paseo Marítimo do Burgo.

Culleredo celebrará o Burgojazz o 2 e 3 de xullo no Xardín Botánico

Terán lugar as actuacións de Mr.Cool & Ton Risco, Dixie Kings Feat Paty Lesta, O Intre e Habana Soul.

A reserva de asentos poderase facer efectiva a semana dos concertos no teléfono 981 665 597

Clausura do programa 'Perros y letras. READ España'

O Concello de Culleredo clausurou onte no CEIP Vila de Rutis o programa “Perros y letras. READ España” de apoio a escolares con algún tipo de déficit na dicción, comprensión lectora e problemas de autoestima, no que participaron máis dunha vintena de escolares de febreiro a maio e de maneira telemática. 

Reunión do Grupo de Acción Urbana do plan Culleredo Vivo o 14 de xuño de 2021

Na seguinte ligazón pódese ver a Reunión do Grupo de Acción Urbana do plan Culleredo Vivo, celebrada o pasado 14 de xuño de 2021.
 

 

O Concello de Culleredo licita o aluguer do alumeado de Nadal que prenderá en novembro

O Concello de Culleredo xa pensa na iluminación de Nadal e licitou o alugueiro de elementos decorativos para a festividade deste ano, que se acenderá en novembro. Contará con máis de 200 elementos ornamentais e o importe ascende a 59.905 euros. O prazo de presentación de ofertas termina o día 18 de xuño.

Culleredo acollerá en primeira liña da Ría do Burgo o 'Morriña Fest' do 19 ao 29 de agosto

Culleredo acollerá do 19 ao 29 de agosto o ‘Morriña  Fest’ en primeira liña da Ría do Burgo, evento que se encargaron de presentar esta mañá no Xardín Botánico o alcalde, José Ramón Rioboo; o co-promotor do evento, Juan Rodríguez Rivera e David Méndez, subdirector da promotora musical  Bring the Noise.

 

Resultados da xornada 7 da Liga Atlántica de Billarda, desenvolvida no paseo marítimo de Culleredo

O paseo marítimo do Burgo acolleu o domingo 13 de xuño a competición oficial de billarda. En concreto, desenvolveuse a sétima xornada da Liga Atlántica, cos seguintes resultados.

Actividades de verán coa 'Auga de CIPAX'

Este verán, o Concello de Culleredo contará coa 'Auga de CIPAX', con actividades deportivas dirixidas á mocidade do municipio.

Actividades de verán para a mocidade coas 'Semanas activas' do Concello de Culleredo

Este verán, o Concello de Culleredo contará coas 'Semanas activas', con actividades deportivas dirixidas á mocidade do municipio.
 

Mercado templario do 1 ao 4 de xullo

Do 1 ao 4 de xullo, o paseo marítimo do Concello de Culleredo acollerá o mercado templario O Burgo de Faro.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina