O Concello de Culleredo oferta un obradoiro de lingua de signos de nivel básico. Desenvolverase no edificio de Servizos Múltiples do Burgo do 10 ao 21 de decembro , entre as 19:30 e as 21:30 horas. Os interesados poden formalizar a súa inscrición no departamento municipal de Educación, sito na planta -1 do Conservatorio ou no 981 661 208.
O día 24 de novembro, en horario de 17:00 a 20:00 horas, no salón de actos do Conservatorio, desenvolverase a xornada formativa: “A integración sensorial no Síndrome X-Fráxil”. A xornada está organizada pola Asociación galega da síndrome X-fráxil (Agaxfra), asociación que naceu no Concello de Culleredo, e contará coa colaboración do departamento municipal de Sanidade.
O Concello de Culleredo inicia un programa conxunto coa “Asociación de ayuda a familias de drogodependientes” (Adafad) para loitar contra as adiccións nos menores e adolescentes da casa. Un ciclo de charlas servirá para a prevención destas condutas nos diferentes ámbitos de actuación. Estas charlas terán carácter aberto e gratuíto.
O Concello de Culleredo adaptará o acceso ás rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte ás necesidades dos comerciantes da zona. Actualmente tan so está instalado un contador de vehículos, que en 15 días será retirado para poder estudiar os datos e decidir os criterios de entrada a estas rúas, en comunión cos comerciantes. O goberno local aposta por garantir a seguridade na actividade comercial e no asueto dos veciños que se desenvolve nestas rúas.
A mascota das bibliotecas de Culleredo, a Dragona Ramona, desenvolverá este mes de novembro a súa primeira xira polos colexios cullerdenses. Serán en total 910 os escolares, que cursan Educación Infantil, que reciban a visita para promover a adquisición de hábitos de lectura entre os nenos cullerdenses.
As vindeiras datas previstas para a tramitación do DNI no Concello de Culleredo son o 8 e 9 de xaneiro de 2013. Terá lugar nas oficinas municipais de Vilaboa, sitas no Pazo Villa Melania. Os veciños interesados xa poden pedir cita ata cubrir o cupo, que será por orden de inscrición.
O Concello de Culleredo organizou o XVIII Curso de Micoloxía que tivo lugar no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo desde o 7 ao 10 de novembro. O curso foi impartido polo biólogo Carlos Pastoriza Avilés e incluíu unha viaxe e recolleita de cogomelos na zona de Torre Lavandeira, en Aranga.
O Concello de Culleredo deu por concluído onte o certame de pintura “Pintor Argüelles” coa entrega de agasallos aos participantes. O acto tivo lugar na Aula de Natureza do xardín botánico do Burgo, onde nas últimas semanas permaneceron expostas as obras.
Culleredo celebrar mañá. xoves 8 de novembro, na Reitoral de Celas, o II Encontro de Mulleres no rural, tras o éxito obtido o pasado curso coa súa estrea. Contarase con relatoras como Mª Carmen Regueira, xerente da Perruqería “Magali”; Tusi Lameiro, da empresa “Abeluria” de produtos vexetais, e Pura Ferreño, enxeñeira agrícola, técnica da “Granxa o Cancelo”, que contarán as súas experiencias cara promover ideas emprendedoras no ámbito rural.
O Concello de Culleredo informa de que a asociación cullerdense Alma, coa que colabora en materia de sanidade, cambia a ubicación dos servizos ao novo Centro social de Fonteculler, situado na praza de Castelao. Alma ofrecerá alí grupos de apoio de lactancia e grupos de apoio á crianza, que constitúen un novo espazo de encontro das familias no que poder compartir dúbidas, experiencias e inquietudes.
O Concello de Culleredo executa o seu plan contra o fracaso escolar co programa de apertura dos centros escolares públicos en horario non lectivo. Trátase dunha serie de actividades encamiñadas a apoiar e colaborar cos alumnos empadroados no municipio, para sacar adiante o curso. O prazo de matrícula está aberto e esta formalizarase no departamento municipal de Educación situado no Conservatorio municipal de música.
O alcalde de Culleredo mantivo unha reunión coa Xunta para aproveitar as obras de abastecemento actuais da avenida Electo Carballo para convertela nunha travesía urbana, aspiración de veciños e Concello. A actuación incluirá a construción de beirarrúas, pasos de peóns sobreelevados e colocación de marquesiñas. Todo pensado para mellorar a seguridad dos peóns.
O Concello de Culleredo decidiu variar a súa política en materia formativa e emprender un programa propio que veña a cubrir as reducións nos plans da Xunta de Galicia. O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, explica que para deseñar este plan, o departamento municipal de Formación analizou as necesidades formativas no municipio e as oportunidades de inserción laboral do mercado na actualidade.
O Concello de Culleredo oferta prazas vacantes nas actividades deportivas municipais, tanto para escolares coma para adultos. A continuación se relacionan as modalidades dispoñibles e o procedemento a seguir. Para máis información, contactar coa Concellería de Deportes.
O Concello de Culleredo e as asociacións de veciños do Burgo decidiron unir forzas para mellorar o espazo natural do río Trabe e aminorar os danos provocados por actitudes incívicas. A Oficina Municipal de Voluntariado (OMVOL) organizou a primeira limpeza do río Trabe, que terminou con lixo e maleza retirado do cauce.
A Escola de Nais e Pais do Concello de Culleredo, con 24 anos de vida inicia en novembro un novo curso. Esta dirixida a nais e pais con fillos/as con idades comprendidas entre 3 a 16 anos de idade. O Concello proporcionará un servizo de atención aos nenos durante as sesións. Os interesados en apuntarse poden contactar co Departamento Municipal de Educación.
O Concello de Culleredo e a Asociación Galega de Apicultura inauguraron o primeiro Apiario Urbano da comunidade galega. Sitúase no Burgo, no xardín botánico. O goberno local promoverá actividades didácticas e formativas sobre as abellas e o mel.
Culleredo celebrará o vindeiro sábado 27 de outubro a tradicional festa do Magosto Municipal. Terá lugar no parque recreativo de Celas, a partires das 6 da tarde. Os asistentes poderán degustar castañas asadas, touciño á brasa, viño novo e queimada. A festa estará amenizada polo Dúo Compás.
Baixo o título: “Estouno deixando”, o Concello de Culleredo, en colaboración coa xunta local da Asociación Española Contra o Cancro de Culleredo, desenvolverán unha xornada de sensibilización sobre o tabaquismo. Terá lugar en Villa Melania, o venres 26 de outubro, ás 19:00 horas.
O Concello de Culleredo organiza o XVIII Curso de Micoloxía que terá lugar no Edificio de Servizos Múltiples do Buego entre o 7 e o 10 de novembro. O curso inclúe unha viaxe e recolleita de cogomelos na zona de Torre Lavandeira no concello de Curtis.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER