O alumnado da compañía de teatro El Ruiseñor, que dirixe Susana Crespo, executou a pasada semana Scrooge, de Charles Dickens, baixo o mando da propia fundadora, no Auditorio Gustav Mahler do Conservatorio Municipal de Música. Supuxo a volta aos escenarios no municipio da compañía.
O Concello de Culleredo, a través de varios avisos da veciñanza e posterior corroboro dos axentes da Policía Local, detectou novas verteduras incontroladas no rural, e porá en marcha un dispositivo policial para tratar a súa erradicación. Estas accións supoñen un atentado contra o medio ambiente, e estes comportamentos poden carrexar sancións de ata 3.000 euros. Os feitos xa foron comunicados e trasladados ás autoridades.
O Concello de Culleredo celebrará mañá, xoves 31 de marzo, unha sesión ordinaria do Pleno da corporación.
O Concello de Culleredo, a través da área de Educación, aposta novamente por implementar o programa “Perros y letras” de READ España nos centros públicos do municipio.
O Salón de Plenos do Concello de Culleredo acollerá mañá, mércores 30 de marzo, unha sesión extraordinaria ás 10:00 horas, coa seguinte orde do día:
Hoxe venres 25 de marzo abrirase o corte de tráfico localizado na rúa Choeira á altura da Igrexa e o vindeiro luns, 28 de marzo, cortarase a rúa Catas.
Onte, 24 de marzo, celebrouse un concerto-maratón solidario no Auditorio Gustav Mahler do Conservatorio Municipal organizado polo Concello e as oenegués Cáritas, Médicos del Mundo, Cruz Vermella, Refugees Welcome e Mestura.
O Concello de Culleredo e as oenegués organizadoras (Mestura, Médicos del Mundo, Cruz Roja, Cáritas e Refugees Welcome), con ámbito de actuación no municipio, poñen en marcha o concerto-maratón solidario en favor do pobo ucraíno, baixo o cancelo #CulleredoConUcraína, co fin de poder recadar fondos e destinalos, a través das oenegués que traballan no ámbito internacional e local, a axuda humanitaria para paliar as consecuencias de tan terrible episodio.
O Concello de Culleredo informa de que o corte terá lugar o 18 de marzo, en horario de 10:00 a 15:00 horas e o 19 de marzo, de 15:00 a 23:00 horas.
Culleredo rendeu esta mañá unha sentida homenaxe ás persoas voluntarias durante a pandemia, xusto cando se cumpren dous anos do decreto do estado de alarma. Onte, a explanada do Burgo acolleu un acto ao que acudiron o alcalde, José Ramón Rioboo; os edís e edilas do grupo de goberno; María Rivas, subdelegada do Goberno; Esteban Miguélez, Brigada da Garda Civil e Oliva García e Francisco Saavedra, en representación da Asociación Provincial de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Coruña, directoras e directores de varios centros educativos, persoal sanitario e as persoas homenaxeadas e as súas familias.
O Concello de Culleredo canalizará a axuda humanitaria a Ucrania a través das oenegués do municipio. Desde a Administración local, que leva varias semanas traballando no plan de continxencia, decidiuse coordinar coas principais organizacións coas que ten convenio toda a loxística, xa que “neste momento, comunícasenos que a mellor maneira de prestar axuda é economicamente”, sinalan as persoas que integran estas ONG’s.
Baixo o lema “Igualdade de xénero hoxe, para un mañá sostible” elixido polas Nacións Unidas para conmemorar o Día Internacional da Muller 2022, o Concello de Culleredo realizará un acto simbólico que ten como obxectivo principal sensibilizar á poboación sobre a problemática da desigualdade de xénero, dándolle visibilidade, poñendo en valor o papel da muller aínda discriminada en moitos eidos, e reivindicar un cambio de actitudes colectivas e individuais necesarias para acadar a igualdade real e xusta.
O Concello de Culleredo prosegue co seu plan de mellora dos parques infantís do municipio. Neste sentido, continúan os traballos de renovación do parque infantil de Peiro, que dá servizo a un dos principais núcleos da zona rural. Terá un custo total de 37.212,07 euros, con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña.
O Concello de Culleredo tamén pon a disposición da veciñanza un curso en liña no ámbito do marketing 2.0 e para persoas desempregadas. Está dirixido ás veciñas e veciños de Culleredo, de 18 ou máis anos, en situación de desemprego e inscritos e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia. Haberá 30 prazas dispoñibles. Como se trata da modalidade enliña, o alumnado deberá dispoñer de acceso a un dispositivo con conexión a Internet.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER